O Concurso

Inicio · O Concurso

Concurso de bandas emerxentes dirixido a bandas galegas

Presenta un tema, orixinal e inédito, a través da plataforma web

O prazo de inscrición estará aberto desde o 1 de xullo ás 12:00 horas pm ata ás 12:00 horas pm do 24 de xullo de 2024.

Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o noso xurado profesional, seleccionará as 3 mellores propostas que pasarán a ser os/as finalistas. Estes 3 proxectos participarán nunha audición final entre os días 24 e 25 de agosto enmarcado no Festival de la Luz no espazo de Estudios Mans.

Os/As tres finalistas gravarán un single e videoclip en Estudios Mans e o gañador/a tocará en directo nunha sala de recoñecido prestixio en Galicia.

Xurado profesional

Javier Becerra

Periodista especializado en música

Elda Gomez

Coordinadora de ACCES e co-presidenta de LIVE DMA

Lucia Aldao

Escritora e música

Preguntas frecuentes

A artistas maiores de idade e/ou bandas emerxentes galegas.

Podes presentar o teu traballo a través da web salas.sonidosmans.com desde o 1 de xullo ás 12:00 horas pm ata ás 12:00 horas pm do 24 de xullo de 2024.

É un requisito obrigatorio que os participantes sexan maiores de idade.

Non poderán participar no Concurso aqueles artistas ou grupos que teñan traballos anteriores editados e distribuídos de xeito comercial con fins lucrativos. Aos efectos deste programa, non se incumpre este requisito no caso de traballos discográficos promocionais, autofinanciados, nin aqueles que se teñan editado ou distribuído sen ter subscrito contrato de edición e/ou distribución a través de selo discográfico e/ou produtoras ou distribuidoras.

A organización porase en contacto cos gañadores. Ademáis, será publicado na web salas.sonidosmans.com.

Non, só se admitirá unha canción por artista ou banda.

Para participar, copia o iframe de SoundCloud do tema que elixas para participar e pégao no formulario de inscrición da plataforma SonidosMans Salas. Como o fago?

Non dubides en porte en contacto connosco: concurso@estudiosmans.com