O Concurso

Inicio · O Concurso

Concurso de bandas emerxentes dirixido a bandas galegas

Presenta un tema, orixinal e inédito, a través da plataforma web

O prazo de inscrición estará aberto desde o 01 de xullo as 12:00 horas pm ata ás 12:00 horas pm do 24 de xullo de 2026.

Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o noso xurado profesional, seleccionará as 3 mellores propostas que pasarán a ser os finalistas. Estes 3 proxectos participarán nunha audición final o día 30 de agosto enmarcado no Festival de la Luz no espazo de Estudios Mans.

Os tres finalistas gravarán un single e videoclip en Estudios Mans e o gañador tocará en directo nunha sala de recoñecido prestixio en Galicia.

Xurado profesional

Sabela Maneiro

Percusionista, vocalista e compositora en TANXUGUEIRAS

Lucía Aldao

Escritora e música en PAVA

Enrique Ramil

Músico, compositor e vocal coach

Preguntas frecuentes

A artistas maiores de idade e/ou bandas emerxentes galegas.

Podes presentar o teu traballo a través da web salas.sonidosmans.com desde o 1 de xullo ás 12:00 horas pm ata ás 12:00 horas pm do 24 de xullo de 2026.

É un requisito obrigatorio que os participantes sexan maiores de idade.

Non poderán participar no Concurso aqueles artistas ou grupos que teñan traballos anteriores editados e distribuídos de xeito comercial con fins lucrativos. Aos efectos deste programa, non se incumpre este requisito no caso de traballos discográficos promocionais, autofinanciados, nin aqueles que se teñan editado ou distribuído sen ter subscrito contrato de edición e/ou distribución a través de selo discográfico e/ou produtoras ou distribuidoras.

A organización porase en contacto cos gañadores. Ademáis, será publicado na web salas.sonidosmans.com.

Non, só se admitirá unha canción por artista ou banda.

Para participar, a URL de SoundCloud do tema que elixas para participar e pégaa no formulario de inscrición da plataforma SonidosMans Salas. Como o fago?

Non dubides en porte en contacto connosco: contacto@estudiosmans.com