Se es unha banda ou solista de Galicia, participa no concurso SonidosMansSalas e poderás tocar en directo e gravar nos Estudios Mans.

Concurso de bandas emerxentes dirixido a bandas galegas

Sonidos Mans Salas é un concurso dirixido a bandas emerxentes de Galicia.

Se queres participar, deberás presentar un tema orixinal a través desta plataforma web dende o 1 de xullo ás 12:00 horas pm ata ás 12:00 horas pm do 24 de xullo de 2026.

Unha vez finalizada esta fase, un xurado formado por profesionais da industria musical, seleccionará as mellores 3 propostas, que pasarán a ser as finalistas do concurso.

Estes 3 proxectos participarán nunha audición final o día 30 de agosto  enmarcado no Festival de la Luz no espazo de Estudios Mans, na que se seleccionará un gañador.

Os 2 finalistas gravarán un tema con videoclip en Estudios Mans e o gañador gravará un EP con videoclip e tocará en directo nunha sala de recoñecido prestixio en Galicia.

Fases do concurso

Inscrición

01/07/2026 - 24/07/2026

selección profesiOnal

31/07/2026

Audición Festival de la Luz

30/08/2026

GaÑador

31/08/2026

Xurado profesional

Sabela Maneiro

Percusionista, vocalista e compositora en TANXUGUEIRAS

Lucía Aldao

Escritora e música en PAVA

Enrique Ramil

Músico, compositor e vocal coach

Comparte o concurso nas túas redes sociais e axúdanos a chegar a máis bandas

#SonidosMansSalas