O Concurso
Inicio · O Concurso
Concurso de bandas emerxentes dirixido a bandas galegas
Presenta un tema, orixinal e inédito, a través da plataforma web
O prazo de inscrición estará aberto do 20 de xullo ás 12:00 horas pm (medio día) ata ás 12:00 horas pm (medio día) do 09 de agosto de 2022.
Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o noso xurado profesional, seleccionará as 5 mellores propostas que pasarán a ser os finalistas. Estes 5 proxectos participarán nunha audición final entre os días 26, 27 e 28 de agosto enmarcado no Festival de la Luz no espazo de Estudios Mans. De alí, sairán as dúas bandas gañadoras que gravarán nos Estudios Mans e a primeira clasificada tocará en directo nunha sala de Galicia.
Xurado profesional

Patricia Hermida
Ceo en dotbeat! e Presidenta en AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais)

Javier Becerra
Periodista de La Voz de Galicia

WÖYZA
Sofía Trigo: cantante, compositora e produtora de soul
Preguntas frecuentes
A quen vai dirixido?
A artistas maiores de idade e/ou bandas emerxentes galegas.
Como e ata cando podo participar no concurso?
Podes presentar o teu traballo a través da web salas.sonidosmans.com desde o 20 de xullo ás 12:00 horas pm ata ás 12:00 horas pm do 09 de agosto de 2022.
Poden participar menores de idade no concurso?
É un requisito obrigatorio que os participantes sexan maiores de idade.
Podo participar se teño algún traballo editado e comercializado?
Non poderán participar no Concurso aqueles artistas ou grupos que teñan traballos anteriores editados e distribuídos de xeito comercial con fins lucrativos. Aos efectos deste programa, non se incumpre este requisito no caso de traballos discográficos promocionais, autofinanciados, nin aqueles que se teñan editado ou distribuído sen ter subscrito contrato de edición e/ou distribución a través de selo discográfico e/ou produtoras ou distribuidoras.
Como se anunciarán os gañadores?
A organización porase en contacto cos gañadores. Ademáis, será publicado na web salas.sonidosmans.com.
Podo participar con máis dunha canción?
Non, só se admitirá unha canción por artista ou banda.
Que necesito para participar?
Para participar, copia o iframe de SoundCloud do tema que elixas para participar e pégao no formulario de inscrición da plataforma SonidosMans Salas. Como o fago?
Teño máis preguntas, a quen llas fago?
Non dubides en porte en contacto connosco: contacto@sonidosmans.com