
Se es unha banda ou solista de Galicia, participa no concurso SonidosMansSalas e poderás tocar en directo e gravar nos Estudios Mans.
Concurso de bandas emerxentes dirixido a bandas galegas
Sonidos Mans Salas é un concurso dirixido a bandas emerxentes de Galicia.
Se queres participar, deberás presentar un tema orixinal a través desta plataforma web dende o 20 de xullo ás 16:00 horas pm ata ás 16:00 horas pm do 03 de agosto de 2023.
Unha vez finalizada esta fase, un xurado formado por profesionais da industria musical, seleccionará as mellores 3 propostas, que pasarán a ser as finalistas do concurso.
Estes 3 proxectos participarán nunha audición final entre os días 26 e 27 de agosto enmarcado no Festival de la Luz no espazo de Estudios Mans, na que se seleccionará un gañador.
Os 2 finalistas gravarán un tema con videoclip en Estudios Mans e o gañador gravará un EP con videoclip e tocará en directo nunha sala de recoñecido prestixio en Galicia.
Fases do concurso
20/07/2023 - 03/08/2023
26/08/2023 - 27/08/2023
Xurado profesional

Ángel Carmona
Presentador “Hoy Empieza Todo” de Radio3.

Elda Gómez
Coordinadora de ACCES e co-presidenta de Live DMA.
